28/04/2018

O Pescados Rubén leva o derbi en Noia (3-5) e liderará o play off

O Pescados Rubén leva o derbi en Noia (3-5) e liderará o play off
O Pescados Rubén Burela FS finalizou ao grande a liga regular levando o derbi galego en Noia (3-5), nunha cita que deixou moi encamiñada xa na primeira parte, con 1-4. Estes tres puntos mantéñeno como líder de play off, con 55 puntos, con ElPozo Ciudad de Murcia (61 puntos) como campión de Segunda. Os de Juanma Marrube veranse as caras na primeira eliminatoria, a partir do 12 de maio, con Betis (51 puntos), que pecha a fase de ascenso empatado con UMA Antequera e Puertollano, protagonistas do outro cruzamento na pelexa por Primeira División -tal e como figura na clasificación da LNFS-.

Nunha cita de ti a ti, con fluidez de balón, foron os mariñáns os que tomaron a iniciativa goleadora con dobre diana de Colacha antes da medianía do primeiro acto. Nun erro defensivo, o Noia reduciu distancias pouco despois. De novo, o Pescados Rubén ampliou a fenda nos últimos minutos con Matamoros e Héctor.

Tras o descanso, con 1-4, o encontro tomou máis un ton de control por ambos os lados. No 37, Víctor asestou o golpe definitivo, aínda que os coruñeses puideron maquillar o electrónico nos últimos segundos con Kohei en dobre penalti.

Copa Galicia

O Pescados Rubén regresará xa á pista o luns, coas semifinais de Copa Galicia fronte ao Esteo FS en Ferrol (A Malata, 19.00 horas). O Parrulo FS e Santiago Futsal protagonizarán a outra semifinal (21.15 horas). O título irmandiño decidirase o martes, 1 de maio, ás 18.00 horas, precedido da I Minicopa Infantil, con semifinais pola mañá desde as 10.00 horas e final ás 16.00 horas.

Ficha técnica

Noia Portus Apostoli: Zardoya, Borja González, Quique Caneda, Kohei, J. Bello, cinco inicial; tamén xogaron Christian, Marci Fernández, Kelson, Dani Quintela, Samu Lastra, Xuxa, Nené

Pescados Rubén Burela FS: Álex, Hélder, Cora, Renato, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Héctor, Víctor, Matamoros, Colacha, Adilson

Goles: 0-1, minuto 9, Colacha; 0-2, minuto 10, Colacha; 1-2, minuto 11, Renato (p.p.), 1-3, minuto 16, Matamoros; 1-4, minuto 17, Héctor; 1-5, minuto 37, Víctor; 2-5, minuto 40, Kohei (d.p.), 3-5, minuto 40, Kohei (d.p.)

Árbitros: Menéndez Nistal // Vilas López. Por Noia amarela para Kohei, Samu Lastra

Incidencias: Partido correspondente á xornada 30 de Segunda LNFS, disputado no pavillón municipal de Noia.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.