27/04/2018

Bea Mateos: 'Estámonos xogando a vida os dous'

Bea Mateos: 'Estámonos xogando a vida os dous'
“Estámonos xogando a vida os dous, será competido, atractivo, sufrido por as ambas partes, emocionante... Vai estar moi igualado e quen teña a cabeza máis posta no partido levará os tres puntos” así falaba a capitá do Pescados Rubén Burela FS, Bea Mateos, do partido por excelencia da xornada 26 de Primeira, coa visita á pista do Jimbee Roldán. Mañá (18.00 horas) as laranxas defenderán o coliderado (60 puntos), compartido con Futsi e Alicante, en duelo directo fronte a un rival, con tan só 2 puntos menos. O encontro poderá seguirse en directo na web de CRTVG e a partir das 18.15 por TVG2.

“A metade de tempada ninguén diría que a primeira praza ía estar así, con triplo empate, a estas alturas pero é moito mellor. A liga é máis atractiva e oxalá sigamos así, loitando ata o final” aseguraba a 14 burelista, destacando a liña do Roldán, que desde a súa derrota en Vista Alegre, na xornada 11 (4-0) atesoura 11 vitorias, 2 empates (con Alcorcón e Gironella) e só 1 derrota (con Ourense, 0-3, xornada 24): “O Roldán tamén se xoga o título, está a dous puntos e na súa cancha vai ser un partido moi difícil. É un rival que vén traballar moi ben, é un equipo que me gusta bastante, e creo que o vai a dar todo para ir a polo título. Nos resultados demóstrase que é un equipo que vén traballando moi ben, ademais fichou ben” advertía Bea Mateos, facendo referencia ao reforzo da ex do Burela Vanessa Pereira.

Co gran triunfo fronte a Poio Pescamar (7-1) tomando a revancha de Copa Galicia, as pupilas de Julio Delgado e Lucas chegan nun estado óptimo: “Tras a última xornada, o equipo está moi ben, moi motivado, estamos no mellor momento para ir a Roldán a polos tres puntos”. “Se perdemos estamos fóra da liga ao 99% e se gañamos seguimos aí” puntualizaba Bea.

O equipo galego realizará a última sesión esta mañá, xa no seu destino, ás 12.00 horas.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Tai, 37. Julia Forsiuk

Outros compromisos

A burelistas teñen que facer primeiro o seu traballo, pero tamén deixan caer a súa mirada nos outros os líderes: “Futsi vai a Gironella, que se está xogando entrar en Copa de España, e UA Alicante ten algo máis accesible, en Cádiz -o pechacancelas-“ analizaba a salmantina.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.