24/04/2018

A Copa Galicia agárdate en Ferrol. Ven con nós!

A Copa Galicia agárdate en Ferrol. Ven con nós!

O Pescados Rubén poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas para as semifinais da Copa Galicia (Ferrol, luns 30 de abril).



O custo será de 20 euros/persoa; a viaxe realizarase cun mínimo de 40 afeccionados/as. As persoas que así o desexen deberán apuntarse na nova sede do club (avda. Arcadio Pardiñas 97, entreplanta 10) e terán a posibilidade de facer reserva provisional no suposto de que o Pescados Rubén acceda á final (martes 1 de maio, 19.00 horas).



Horarios:



Saída: Luns 30 de abril, Vista Alegre (cafetería), ás 17.00 horas



Destino: A Malata (Ferrol)



Semifinal 1: Pescados Rubén Burela FS-O Esteo FS (19.00 horas)



Semifinal 2: Santiago Futsal-O Parrulo (21.15 horas)



Regreso: Ao remate das semifinais



Data límite para apuntarse: Xoves 26 de abril, 17.00 horas



Ata o xoves 26, á mesma hora, tamén estará aberto o prazo para anotarse para o desprazamento da última xornada de liga, a Noia (sábado 28), por 10 €/persoa.



Saída: Sábado 28 de abril, Vista Alegre (cafetería), ás 14.30 horas



Destino: Pavillón Municipal de Noia



Partido: Noia Portus Apostoli-Pescados Rubén Burela FS (18.00 horas)



Regreso: Ao remate do encontro

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.