14/04/2018

Mengíbar 3-3 Pescados Rubén

Mengíbar 3-3 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS recolleu esta tarde un empate moi traballado na complicada pista do Software DELSOL Mengíbar (3-3). Os mariñáns remontaron un 3-1 en contra no reinicio do encontro e regresan con 1 valioso punto, co que manteñen os privilexios de play off, nunha xornada na que o Valdepeñas conseguiu o ascenso matemático a Primeira LNFS impoñéndose 4-1 a UMA Antequera.

Os mariñáns empezaron ben e conseguiron adiantarse con Luisma tras un saque de esquina, no minuto 11. A vantaxe, no canto de dar tranquilidade nas filas galegas, provocou o efecto contrario, cos seus peores minutos sobre o parqué. Así o Mengíbar igualou a contenda, de estratexia ao segundo pau de Fran Peña (minuto 15). Os locais conseguiron unha notable fenda ao descanso, con Ureña, aproveitando unha perda dos laranxas, e Tortu, nun rexeite.

Regresou un Burela completamente diferente e así se recompuxo. No minuto 22, Pope fixo acto de presenza batendo o meta andaluz por arriba desde a banda. Renato no 26 selou o 3-3. Luisma liderou o xogo de cinco nos últimos minutos, con dúas magníficas ocasións de Héctor coas que a fortuna non se aliou.

Ficha técnica

Software DELSOL Mengíbar: Manu, José López, Ureña, Toni, Fran Peña, cinco inicial; tamén xogaron Fede Díaz, Javi Lizana, Tortu, Cobinho

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Renato, Pope, Colacha, Luisma, cinco inicia; tamén xogaron Chus, Héctor, Víctor, Hélder, Matamoros

Goles: 0-1, minuto 11, Luisma; 1-1, minuto 15, Fran Peña; 2-1, minuto 19, Ureña; 3-1,minuto 19, Tortu; 3-2, minuto 22, Pope; 3-3, minuto 26, Renato

Árbitros: Bardera Bardolla // Do Olmo Martínez (Colexio Vasco e Madrileño). Por Mengíbar amarela a José López, Tortu. Por Burela amarela a Luisma, Colacha.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 28 de Segunda LNFS, disputado no pavillón Sebastián Moya Llorca.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.