02/04/2018

A Familia Laranxa está de celebración, Matamoros está de regreso

A Familia Laranxa está de celebración, Matamoros está de regreso
A Familia Laranxa non podía recibir mellor nova. Jorge Valhermoso Matamoros está de regreso co Pescados Rubén Burela FS; o pivote madrileño incorporouse hoxe á dinámica do grupo despois de estar afastado das pistas dende o mes de decembro por unha dura enfermidade contra a que loitou e da que saíu vitorioso.

Matamoros e o club laranxa agradecen o respecto e as mostras de afecto e apoio amosados ao longo deste tempo.

Mata, o parqué de Vista Alegre está de noraboa. O 10 laranxa volve con nós!

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.