24/03/2018

Victoria esmagadora en Cádiz (0-11)

Victoria esmagadora en Cádiz (0-11)
O Pescados Rubén Burela regresa de terras andaluzas con tres puntos e vitoria sen contemplacións sobre Cádiz Polideportivo FSF (0-11), pechacancelas de Primeira RFEF. As pupilas de Julio Delgado e Lucas, que xa tiveran un toque de atención a semana pasada para facerse co duelo irmandiño con Cidade das Burgas, non quixeron deixar nada ao azar e ataron o partido desde o principio.

“Encaramos moi ben o partido; puidemos materializar nas 2-3 primeiras chegadas a portería e despois todo foi rodado” explicaba Julio Delgado ao final dun encontro no que as laranxas xa dispoñían dunha vantaxe de 0-4 no minuto 8, con dianas de Dany, Jenny, Tai e Bea Mateos. O Cádiz intentou reaccionar con porteira jugadora xa na primeira parte sen marxe de manobra fronte a un Pescados Rubén que recibiu o descanso cunha fenda moi cómoda, 0-6, con Cilene e de novo Dany.

As galegas apostaron en todo momento por manter a intensidade e a concentración, cunha segunda parte na que se distanciaron ata o definitivo 0-11, co terceiro da tarde para Dany, repetindo Jenny, Cilene e Tai, e con complemento de Lara.

Ficha técnica

Cádiz Polideportivo FSF: Lucía, Elena, María, Bea, Noe, cinco inicial; tamén xogaron Tere, Pelu, Emma, Ana T. Claudia.

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Sara Correia, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Tai, Lara, Jenny

Goles: 0-1, minuto 5, Dany; 0-2, minuto 6, Jenny; 0-3, minuto 7, Tai; 0-4, minuto 8, Bea Mateos; 0-5, minuto 11, Cilene; 0-6, minuto 18, Dany; 0-7, minuto 25, Dany; 0-8, minuto 27, Jenny; 0-9, minuto 30, Cilene; 0-10, minuto 33, Lara; 0-11, minuto 37, Tai

Árbitros: Páez Rueda // Quintana Vela (Colexio Andaluz). Por Burela, amarela a Ana Romeu e Bea Mateos.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 22 de Primeira RFEF disputado no pavillón Mirandilla

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.