Actualidade
Visita a un Penya Esplugues en racha
O Pescados Rubén Burela disputará a 20ª xornada, a domicilio, fronte a un Penya Esplugues en racha, que ocupa a oitava praza (29 puntos), despois de sete semanas sen coñecer a derrota. A cita, que arrincará ás 16.00 horas (CEM Les Moreras) poderá seguirse a través de FutsalMafer TV (ligazón).
“Foi un partido moi importante para gañar máis confianza” lembraba así a brasileira Taiane Menezes o empate co Fusti Atlético Féminas (3-3) da semana pasada. A 16 laranxa, un dos revulsivos mariñáns do duelo, recoñecía o bo momento polo que está atravesar a escuadra de Julio Delgado e Lucas: “Estamos cada vez máis fortes, coa axuda extra da chegada de Jenny. Eu sentinme moi ben dentro do partido; aínda teño cousas por aprender pero creo o equipo e eu estamos na liña axeitada”.
As laranxas defenderán a cuarta praza (42 puntos) fronte a un rival que se lle complicou, e moito, na primeira volta, cun rifado 5-4 para Vista Alegre: “Cada partido é diferente. Temos que centrarnos en nós, temos que estar ben para demostrar o bo xogo na pista. O maior perigo do Penya chega a balón parado, deberemos ter especial atención nesas situacións”, advertía Tai.
A expedición chegou esta mañá a Gironella para realizar a última sesión da semana, coa última incorpoción laranxa, a ala lusa Jenny, na convocatoria.
Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Tai, 37. Julia Forsiuk
Mirando ao podio. O dos laranxas será o envite máis complicado a priori. O terceiro clasificado, Jimbee Roldán (43) visitará o pechacancelas, Cádiz; na segunda praza, Futsi (44 puntos) recibirá o 13º, Guadalcacín; e o líder, UA Alicante (45) medirase na casa ao Majadahonda, 12º.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas