21/02/2018

Judith repite entre as 12 irmandiñas, na pelexa polo Nacional

Judith repite entre as 12 irmandiñas, na pelexa polo Nacional

A xogadora do Pescados Rubén Burela FS Judith volverá vestir a camisola irmandiña, para disputar a fase final do Campionato de España Sub-21 esta fin de semana en Salou.



A expedición galega, dirixida  por Pili Cotsa, partirá o xoves
pola noite dende A Coruña rumbo á localidade tarraconense.
Será o sábado ás 12:00 horas cando o equipo salte á cancha do Polideportivo Municipal de Salou para enfrontarse en semifinais á selección de Cataluña. No caso de vencer, as irmandiñas xogarán o domingo ás 11:00 a final contra a vencedora do Andalucía-Rexión de Murcia.



Xunto á laranxa completan a convocatoria Sandra Rodríguez, Inés Suárez, María Gómez e Marta López-Pardo, de Viaxes Amarelle FSF; Inés, Casasnovas, Nerea Lorenzo e Antía Pérez, de Ourense Envialia; Clara Fernández, de Cidade das Burgas; Yolanda Martínez e Carolina Agulla, de Poio Pescamar, e María González, de Bembrive FS.




Sábado 24 de febreiro



1ª semifinal: 10.00 horas Andalucía-Rexión de Murcia
2ª semfininal: 12.00 horas Cataluña-Galicia



Domingo 25 de febreiro



Final: 11.00 Gañador Semifinal 1-Gañador Semifinal 2




 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.