16/02/2018

Ourense e O Esteo, rivais laranxas de semifinais de Copa Galicia

Ourense e O Esteo, rivais laranxas de semifinais de Copa Galicia
O Pescados Rubén Burela FS coñeceu a identidade dos seus rivais de semifinais de Copa Galicia onte pola tarde na reunión mantida na Real Federación Galega de Fútbol. Ourense Envialia será o inimigo a bater para as pupilas de Julio Delgado e Lucas; o cadro de Juanma Marrube medirase ao Esteo.

A fase final da cita irmandiña feminina disputarase o sábado 31 de marzo e domingo 1 de abril, con Cidade das Burgas-Poio Pescamar como protagonisas da outra semifinal.

A competición masculina decidirase entre o luns 30 de abril e o martes 1 de maio. Santiago Futsal e O Parrulo pelexará polo segundo billete na loita definitiva polo título.

A sede de ambas as pugnas están pendente de designación.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.