08/02/2018

Hélder: 'Vai ser un partido duro e rifado'

Hélder: 'Vai ser un partido duro e rifado'

O Pescados Rubén Burela FS recibe este sábado o Prone Lugo en Vista Alegre nun derbi galego de contrastes ante a mirada de TVG2 (19.00 horas), entre a quinta praza (36 puntos) dos laranxas e a penúltima dos da capital (10 puntos). “Vai ser un partido máis duro e rifado. Prone virá moi motivado, non só por ser un derbi senón pola necesidade de puntos e querendo dar un paso adiante despois da vitoria ante Manzanares” explicaba Hélder facendo referencia ao partido de ida, con 0-4 para os de Juanma Marrube.



O conxunto mariñán afronta a segunda cita da semana tras a vitoria de cuartos de Copa Galicia na pista do Noia Portus Apostoli (2-5): “O equipo chega animicamente moi ben polo pase en Copa, que era moi importante para nós, e agora temos que centrarnos no outro derbi da semana, con máis ganas aínda sendo en Vista Alegre. Temos un pouco de cansanzo pero estamos traballando para chegar ben porque é un partido que non podemos nin queremos perder”, explicaba Hélder, autor de 2 goles no compromiso irmandiño, confesando o seu bo momento “con ganas de achegar máis ao equipo e marcar máis goles”.



“Espero que veña moita xente animarnos, coma dende o inicio de tempada, porque ese será un gran pulo para que os tres puntos queden na casa” facía este chamamento o 5 burelista á Bancada Laranxa. 



A última sesión da semana está prevista para mañá, ás 8.30 horas, en Vista Alegre.




Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Víctor, 5. Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 11. Cora, 12. Renato, 13. Álex, 14. Pope, 16. Pitero, 19. Luismi, 20. Héctor




Tarde Laranxa



As semifinais do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-17 Feminino o sábado pola mañá darán paso na Bomboneira á Tarde Laranxa,  con compromiso de Primeira RFEF, ás 16.30 horas, fronte a UA Alicante, e de Segunda LNFS, ás 19.00 horas, con Prone Lugo.



A TVG2 será testemuña da dobre cita, na que o Pescados Rubén festexará o Entroido con entrada totalmente gratuíta para todas as persoas que acudan disfrazadas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.