06/02/2018

Sofía, anfitrioa da Irmandiña no Campionato Nacional Sub17 (A Mariña, 7-11 de febreiro)

Sofía, anfitrioa da Irmandiña no Campionato Nacional Sub17 (A Mariña, 7-11 de febreiro)

A xogadora do Pescados Rubén Burela FS Sofía Vázquez exercerá de anfitrioa da Irmandiña esta semana no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-17 que acollerá a bisbarra da Mariña dende mañá e ata o domingo, con sedes en Burela, Viveiro e Foz. A moza ribadense, que realizou onte o último adestramento co cadro galego, incorporarase á expedición mañá a mediodía, nun plantel que tamén contará coas xogadoras do filial, Comarcal A Fervenza, Carol, Lucía e Cris.



Judith con Sub-21



Judith retomará esta tarde a preparación de cara á fase final Sub-21 con Galicia, nun adestramento en Melide.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.