13/01/2018

Goleada para estrear 2018

Goleada para estrear 2018
O Pescados Rubén Burela FS estreou 2018 cunha xusta goleada en Vista Alegre fronte ao novel Guadalcacín FSF (7-1), con hattrick de Cilene e dobrete de Julia Forsiuk, que completaron Tai e Lara.

Atopouse o Peixes Rubén Burela cun rival que supliu a súa falta de experiencia na categoría con ganas e escintileos de fortaleza, sobre todo na primeira parte. A poucos segundos para o ecuador do acto inicial, Cilene abriu a lata dun mísil que sorprendeu sen reacción á meta visitante. En menos de 1 minuto, a maxia da 6 burelista volveu facer acto de presenza de lonxe pegando no pau antes de subir o 2-0. O Guadalcacín conseguiu seguir no partido, anotando axiña o 2-1, coas zapatillas de Bocanegra, con Judith á espreita e fronte a Jozi sen poder freala ao bordo da área. As de Julio Delgado e Lucas atoparon a tranquilidade necesaria a 55 segundos para a chegada do descanso, co 3-1, de Julia Forsiuk.

A rede andaluza resistíuselles ás mariñás nos primeiros minutos no regreso dos vestiarios como ao principio, pero de novo a gran visión de Cilene fixo diana; no minuto 32, a brasileira, nun espectacular pase interior, serviulle o 4-1 a Tai. Como no primeiro acto, o gol deulles alas ás laranxas, que volveron atopar portería nun minuto, con Julia Forsiuk, a pase de Tai. Reaccionaron as visitantes con xogo de cinco; a punto estivo Luci de reducir distancias. Burela optou pola mesma aposta, con Bea Mateos; así chegou o 6-1, rubricado por Lara (minuto 35), e o 7-1 (minuto 36), asinando Cilene o seu hattrick, que estrea 2018 ao grande como pichichi laranxa.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Lara, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Tai, Julia Forsiuk, Sara Correia, Judith, Cami, Sofía

Guadalcacín FSF: Patri, Maldonado, Trini, Bocanegra, Bibi, cinco inicial; tamén xogaron Ogalla, Luci, Julia, Pepa, Carla, Caridad, Nati

Goles: 1-0, minuto 10, Cilene; 2-0, minuto 11, Cilene; 2-1, minuto 13, Bocanegra; 3-1, minuto 20, Julia Forsiuk; 4-1, minuto 32, Tai; 5-1, minuto 33,

33, Julia Forsiuk; 6-1, minuto 35, Lara; 7-1, minuto 36, Cilene

Árbitros: Díaz Arias // Vanegas Betancur (Asturias)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de Primeira RFEF disputado no pavillón Vista Alegre ante unhas 400 persoas, coa presenza do equipo feminino do Navia CF nas bancadas, co seu presidente, Gabriel García, e a concelleira de Deportes de Navia, Mirta Pérez.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.