26/12/2017

O Calendario Laranxa 2018, xa á venda

O Calendario Laranxa 2018, xa á venda

O Calendario Laranxa 2018 xa está á venda. Seguindo o lema desta tempada, O Voso Legado, A Nosa Historia, o almanaque fai un repaso polos momentos máis destacados da traxectoria da Familia Laranxa, con especial protagonismo para a afección.




Un ‘dream team’ histórico, alá por 2003, con Juan Palmeiro, Beto, Bruzos, Julio Delgado, Bruno Soriano, Betiño e Sabá dá a benvida a 2018, un ano que tamén lembra a gran simbiose do brasileiro Renatinho coa Bancada Laranxa, o premio para a Mellor Afección de Prata (2007-08), o ascenso feminino a Primeira (2008-09), a primeira Copa de España que acolleu Vista Alegre (2011), o dobrete das Campioas (2012-13), as grandes xestas de Copa de España para o equipo masculino en Cidade Real e Guadalaxara (2015 e 2016), así como o título de Supercopa 2015 e Liga 2015-16 para as pupilas de Lucas e Julio Delgado.




O almanaque do Pescados Rubén Burela FS, cos equipos sénior feminino e masculino nas súas portadas, volve incorporar a tradicional axenda ligueira de Primeira División RFEF e Segunda LNFS, ata finais de 2017-18, ademais dun póster central da estrutura de base.




O calendario xa está dispoñible (3 euros) nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta); tamén poderá adquirirse no pavillón Vista Alegre mañá, no Trofeo do Nadal Mariñán 2017 de la Fundación Imdecum, e coincidindo coa volta das competicións de Primeira RFEF e Segunda LNFS, o sábado 13 xaneiro.




O Pescados Rubén Burela FS quere amosar o seu agradecemento aos establecementos, empresas e Concello colaboradores na realización do Calendario Laranxa 2018: Autos Llano, Viajes Halcón, Grupo A Chave de Ouro, Alain Afflelou Óptico, Concello de Burela, 3A Consultores, Limpezas Lema, Pescados Rubén, Autolav Galicia, Living Sport, Talleres Pomeda e Kessarys Joyeros.




 

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.