22/12/2017

Frenético derbi para pechar 2017, con 3 puntos burelistas

Frenético derbi para pechar 2017, con 3 puntos burelistas
O Pescados Rubén Burela FS pecha 2017 con sabor dulce tras recoller tres puntos moi valiosos no emocionante derbi na pista do Ourense Envialia (4-5).

A pesar de comezar co marcador en contra, as mariñás non se amilanaron. Ofreceron seriedade ofensiva cunha gran cita de Dany e concentración en defensa. As pupilas de Julio Delgado e Lucas axiña neutralizaron a vantaxe de Sara Moreno no minuto 8; Cilene, no 10, e Dany, no 11, deron a volta ao electrónico, ampliado por Lara a falta de tres minutos para o descanso.

Con 1-3 a favor, as laranxas quedaron máis atrás, aínda que con excelente reacción. Acurtaron distancias en dúas ocasións as ourensás con resposta incisiva das mariñás, mantendo sempre a iniciativa para salvagardar os tres puntos e defendendo a inferioridade sobre o ecuador da segunda parte, tras a expulsión de Dany, por dobre amarela. A falta de máis de 5 minutos para o final, as donas dos Remedios apostaron por xogo de cinco; o definitivo 4-5 chegou en 5 para 3, a falta de 30 segundos, propiciado pola saída de Tai co segundo cartón amarelo.

Ficha técnica

Ourense Envialia: Vane, Chiki, Bea Seijas, Sara Moreno, Andrea Carid, cinco inicial; tamén xogaron Marta, Bea Martín, Luci, Antía

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Lara, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Tai, Julia, Sara Correia, Judith, Cris

Goles: 1-0, minuto 8, Sara Moreno; 1-1, minuto 10, Cilene; 1-2, minuto 11, Dany; 1-3, minuto 17, Lara; 2-3, minuto 28, Sara Moreno; 2-4, minuto 34, Cilene; 3-4, minuto 36, Bea Martín; 3-5, minuto 38, Tai; 4-5, minuto 40, Bea Seijas

Árbitros: Dacal Deza // García Freiría (Galicia). Por Ourense amarela a Sara Moreno (2). Por Burela FS amarela a Sara Correia, Dany (2), Cilene, Tai (2).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 13 de Primeira RFEF disputado no pavillón dos Remedios de Ourense

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.