12/12/2017

Posta de gala do Futuro Laranxa 2017-18

Posta de gala do Futuro Laranxa 2017-18

Como non podía ser doutro xeito, o gran mausoleo burelista foi o escenario escollido para a presentación do Futuro Laranxa 2017-18. Estreando o mes de decebro, máis de 150 xogadores/as da base do Pescados Rubén Burela FS, de entre 3 e 21 anos, reuníronse no pavillón Vista Alegre para a súa posta de gala, acompañados de monitores, delegados e directiva, co deputado de Deportes de Lugo, Pablo Rivera, e o seu homólogo no Concello de Burela, Ramiro Fernández, como convidados de honra.



Cunha traxectoria de formación de base de máis dunha década, dende 2007-08, un total de 13 equipos configuran a estrutura de base 2017-18 do club mariñán, nas categorías de Biberón, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil, ademais de Sénior Feminino. O  Futuro Laranxa compite actualmente en 5 ligas: Deporte Escolar en Benxamín, Alevín e Infantil, con 4 equipos; Liga Provincial Cadete; Liga Autonómica Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil; División de Honra Xuvenil RFEF e Primeira Galicia Sénior Feminina. Esta semana tamén se sumarán á ilusión da competición os 2 equipos máis pequenos, con Liga Biberón Galicia A Mariña Lucense-Fundación Imdecum e Liga Local Galicia Prebenxamín A Mariña Lucense-Fundación Imdecum.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.