09/12/2017

Pescados Rubén 3-3 Mengíbar

Pescados Rubén 3-3 Mengíbar
O Pescados Rubén Burela FS sumou 1 punto esta tarde en Vista Alegre ante un Software DELSOL Mengíbar serio, con poucos erros. Tras o descanso os mariñáns supliron ben a falta de profundidade da primeira parte transformando o 0-1 en 3-1 en tan só 36 segundos; roldaba o minuto 34. Perdoou en exceso o conxunto laranxa e os visitantes souberon reaccionar para agarrar o empate (3-3).

A Bomboneira presenciou unha primeira parte de tenteo, sen finalización por ambas as partes. O Mengíbar obtivo unha recompensa excesiva inaugurando o marcador no minuto 14 grazas a un penalti transformado por Miguelao, tras amoestación a Pope. Nesa acción, Álex desbaratara as máis perigosas dos de Javi Garrido, fronte a Toni e, no rexeite, ante José López.

Mantiveron a calma os de Juanma Marrube volvendo ao parqué con cambios na defensa; conseguiron así neutralizar as ocasións visitantes e dar un paso adiante en perigo, aínda que con resistencias. Ata superar, o ecuador da segunda parte intentárono sen éxito Luisma, Hélder, Kelson e Chus. Álex freou o que podía ser o segundo dos visitantes no 32, con Fran Peña ao pau e excelente resposta do 13 laranxa. Non deixaron de intentalo os mariñanos.

Buscaron e buscaron ata que chegou o minuto máxico; en tan só 36 segundos conseguiron darlle a volta ao luminoso. Renato materializou o empate, nun rexeite a tentativa de Chus, desde balón parado. Luisma foi o autor do 2-1, tras unha brillante galopada de Víctor, cunha perfecta serenidade nos metros finais para servirlla ao 6 burelista. Chus, ao bordo da área, anotou o terceiro para xúbilo de Vista Alegre. O Mengíbar non se foi do partido, en pouco tempo, no 35 conseguiu reducir nun disparo afastado de Ureña (3-2). A falta de pouco menos de 3 minutos, o largueiro evitou o cuarto laranxa nunha rápida saída de Renato que estrelou Chus. Perdoou o Pescados Rubén e os andaluces foron a polo partido con Lizana como porteiro-xogador. A falta de tan só 54 segundos, o Mengíbar anotou o empate, nas zapatillas Miguelao.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Álex, Víctor, Luisma, Chus, Colacha, cinco inicial; tamén xogaron Pope, Kelson, Hélder, Renato

Software DELSOL Mengíbar: Manu, Ureña, Miguelao, José López, Toni, cinco inicial; tamén xogaron Fran Peña, Tortu, Lizana

Goles: 0-1, minuto 14, Miguelao; 1-1, minuto 33, Renato; 2-1, minuto 34, Luisma; 3-1, minuto 34, Chus; 3-2, minuto 35, Ureña; 3-3, minuto 40, Miguelao

Árbitros: Montero Galán // Navarro Rodríguez (Castela e León). Por Burela amarela a Pope, Chus, Renato. Por Mengíbar amarela a Tortu, Lizana, Ureña

Incidencias: Partido correspondente á xornada 13 de Segunda LNFS, disputado en Vista Alegre ante unhas 700 persoas. Campaña de recolleita de alimentos a favor de Cruz Vermella de Burela

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.