01/12/2017

A fortaleza laranxa fronte ao 'si se pode' do Tenerife

A fortaleza laranxa fronte ao 'si se pode' do Tenerife
O Pescados Rubén Burela FS recibirá mañá, na 12ª xornada de Segunda División, ao Tenerife Iberia Toscal (Vista Alegre, 18.30 horas), un equipo que pecha a clasificación e que recalará na fortaleza laranxa para intentar sorprender co ‘si se pode’ logo de conseguir o seu segundo punto da tempada a semana pasada fronte a Bisontes Castellón.

Desde a sexta praza (21 puntos), os de Juanma Marrube queren seguir sendo fieis á esencia que lles outorgou os tres puntos a semana pasada e lles devolveu o triunfo, logo de 2 xornadas agres: “O noso primeiro obxectivo é dar continuidade ás sensacións que recuperamos en Manzanares, volvendo ser o Burela das primeiras xornadas. Temos que referendar o bo traballo que estamos facendo fóra da casa” explicaba o técnico mariñán xunto a un dos xogadores da casa, o peche Hélder Gonçalves: “Estamos moi contentos de volver ser nós mesmos. Eu sentinme moi a gusto sobre a pista; sabiamos que tiñamos que gañar si ou si e fixemos un gran traballo mantendo a calma e a serenidade, sen caer no xogo de contacto” recordaba o 5 burelista, confesándose “cada vez mellor e con ganas de seguir medrando”.

Tanto Juanma como Hélder advirten do perigo deste partido: “Se nos fiásemos da clasificación cometeriamos un erro. Tenerife vén de dar un indicativo importante empatando, e ademais ao final do partido, con Castellón. É un rival que demostrou que pelexa ata o final e que fixo méritos para ter máis de 2 puntos na táboa” valoraba o adestrador alfocego, destacando a xuventude e o potencial finalizador do rival: “É un rival novo con xogadores de calidade e soltura, ademais de dúas grandes referencias na zona de pivote, por iso dispoñen dun dos máximos goleadores de liga. Vai ser un partido moi complicado”, ao que engadía o peche: “Non temos que saír confiados, sabemos que imos ter que dalo todo para gañar. Espero poder brindarlle esta alegría á afección, que o merece”.

Sorteo de camiseta asinada

Durante o descanso, sortearase unha camiseta asinada por todo o equipo.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Víctor, 5. Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 10. Matamoros, 11. Cora, 12. Renato, 13. Álex, 14. Pope, 20. Kelson

Convocatoria Tenerife Iberia Toscal: 3. Saúl Marrupe, 4. Aithor, 5. Guille, 6. Nauzet, 7. Ixemad, 9. Joseba, 10. Cristian Blanco, 11. Sergio Parra, 14. Sergi Amores, 13. José Luis Gomis (P), 15. Edu Ramos, 21. Adán Casanova (P)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.