27/11/2017

Máis de tres puntos para chegar ao descanso de Primeira

Máis de tres puntos para chegar ao descanso de Primeira

O Pescados Rubén Burela FS saíu vencedor no duelo directo na visita de Jimbee Roldán FSF a Vista Alegre (4-0) ofrecendo goles e boa imaxe. “É unha vitoria moi importante non só polo resultado senón tamén polo xogo. Xeramos moitísimas ocasións, houbo unha boa defensa, o equipo estivo moi serio e, sobre todo, as sensacións que nos quedan son moi gratas para o parón de liga. Vimos un Burela moi competitivo e sobre todo moi serio durante os corenta minutos, co valor engadido de deixar a portería a cero”, explicaba o técnico Julio Delgado.



“Fixemos unha gran defensa ante un rival con soltura e boas transicións; conseguimos telas bastante maniatadas, aínda que loxicamente tiveron as súas ocasións” recordaba o técnico dun encontro no que xa avantaxaban ás murcianas no descanso por 3-0 e no que non baixaron os brazos ata a bucina final: “O noso equipo foi ambicioso, ata na segunda parte seguiu atacando e soubo gardar o resultado moi ben” puntualizaba Julio Delgado, dando un paso adiante dende o revulsivo do derbi galego: “A seriedade que xa se demostrou en Poio á hora de defender, fíxolle reaccionar ao grupo; víronse capaces de competir e superar adversidades, sacar os partidos adiante sen recorrer á porteira xogadora, como ocorreu nas primeiras xornadas”.



Estes tres puntos asentan as laranxas na segunda praza (28 puntos) seguindo ao Atlético de Madrid Navalcarnero (30), con dúas semanas de descanso en Primeira RFEF, polo Torneo Internacional IV Nacións que enfrontará a España, Italia, Rusia e Portugal en Guadalaxara entre o 8 e o 10 de decembro. “Axudaranos a recuperar a xogadoras que levan moitos minutos acumulados, traballar novidades en táctica e estratexia para o próximo ano e introduciremos algo máis de traballo físico para acabar ben o ano, coas dúas saídas, a Leganés e Ourense” explicaba Julio Delgado esperando dar continuidade á boa dinámica burelista no regreso da competición.



 




 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.