27/11/2017

Juanma: 'Foi un partido intelixente, con solidez defensiva e dinamismo de pelota'

Juanma: 'Foi un partido intelixente, con solidez defensiva e dinamismo de pelota'

“Estabamos concienciados do que somos e do que nos podía esperar. Nese senso o equipo foi intelixente; en ningún momento caemos no xogo de contacto, tratamos de xogar rápido, de darlle dinamismo á pelota e ser fortes en defensa”, así resumía o técnico Juanma Marrube a vitoria do sábado, na xornada 11, fronte ao Manzanares (1-6). “Nunha cancha máis lenta do habitual e fronte a un rival con experiencia, como pasou en Rivas, o Burela FS demostrou que esa fortaleza non é casualidade”. Recuperando a boa senda, o triunfo de Manzanares, con certa heroicidade, permítelles aos mariñáns estar, con 21 puntos, a tan só 2 do liderado, compartido por Valdepeñas e ElPozo.




“Non foi un encontro nada doado. Fomos a unha guerra e o equipo demostrou a súa identidade, por iso estou máis contento” explicaba o Mariskal, dunha cita na que non todo isto de cara para o Pescados Rubén Burela FS, con escasa vantaxe, de 1-2, ao descanso: “Con 0-2 houbo momentos nos que estivemos incómodos, con boa presión do rival, de feito chegou o 1-2. Nos primeiros minutos do segundo tampouco acabábamos de estar cómodos, pero nunha transición conseguimos poñernos co 1-3. Iso deunos máis tranquilidade e puidemos ir sacando o partido adiante xestionando o tempo”.




Dous en Vista Alegre



Vista Alegre espera agora dous compromisos consecutivos, con Tenerife Iberia Toscal este sábado e Software DELSOL Mengíbar, o día 9. “Temos que volver ser fortes na casa. Somos conscientes do que nos levou a perder esa solidez en Vista Alegre nos últimos encontros e temos que seguir a filosofía de Manzanares”. Juanma Marrube non se confía ante os insulares: “Espero un rival moi motivado despois de sacar 1 punto nunha pista muy difícil, a do Bisontes Castellón, e con cambio recente de adestrador” incidía Juanma na complexidade da cita ante un rival da zona baixa que virá a por todas á Mariña para saír da zona baixa.



Regreso de Colacha



“Colacha é un xogador moi serio e disciplinado, con calidade táctica. A súa convocatoria con España Sub-19 foi unha motivación extra. No partido entrou sen dificultades, coma se adestrase co equipo durante toda a semana. Estou moi contento tanto con el coma co resto dos xogadores” confesaba así Juanma a súa satisfacción co traballo do grupo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.