17/11/2017

Defensa do coliderado en Poio, no ronsel das laranxas (sábado 18, 16.30 h., TVG2)

Defensa do coliderado en Poio, no ronsel das laranxas (sábado 18, 16.30 h., TVG2)
Tan só 2 puntos lles dan a vantaxe as laranxas no inminente derbi galego na pista do Poio Pescamar FSF. O Pescados Rubén Burela FS defenderá mañá o coliderado, empatado a 24 puntos con Futsi, fronte ás pontevedresas, con 22, na Seca (16.30 horas, con TVG2 en directo).

“Xa houbo nervios durante a semana nos adestramentos. O Poio está a tan só 2 puntos e sabemos que é un partido moi importante para ambos os equipos” explicaba a gardameta Jozi dun rival co que as pupilas de Julio Delgado e Lucas xa se viron as caras en pretempada. “É un rival pelexón e guerreiro. É un equipo que na súa pista deixa a pel. Así esperamos o Poio, con toda a súa enerxía” advertía así do perigo a 1 burelista, dun rival que chega con 7 triunfos consecutivos á xornada 10.

As mariñás perseguirán a súa sexta vitoria consecutiva nunha semana máis elplácida do habitual, tras a vitoria ante Soto do Real (8-1), e co perfeccionamiento do seu xogo como meta: “Puidemos respirar un pouco despois do partido. Estamos contentas porque estamos gañando os partidos, pero hai tensión, non estamos xogando o fútbol sala que nos gustaría xogar, o fútbol sala que sabemos que podemos xogar. Os resultados estannos axudando para seguir buscando xogar máis como equipo para que non todos os partidos sexan de nervios ata o último minuto”.

Para Jozi o espectáculo está garantido, sen dúbida, co firme propósito laranxa de continuar no cumio. “Imos coas mellores expectativas para conseguir estes tres puntos importantísimos para seguir soñando e, por que non?, revalidar un título de liga. Imos con todas as armas que temos, temos uns puntos fortes moi ben traballados no equipo. Oxalá non teñamos que utilizalas todas”.

“É unha gran noticia para o fútbol sala; son pasos importantes para que o noso deporte se difunda, chegue a máis xente e que se poida coñecer máis” aplaudía así a meta brasileira a emisión en directo da cita irmandiña para toda Galicia.

Julio Delgado e Lucas poderán contar con todos os seus efectivos, co debut na convocatoria de Cristina Lourés, do Comarcal A Fervenza FSF.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 8. Cris, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Tai, 17. Sofía, 37. Julia Forsiuk

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.