02/11/2017

Un Elche descoñecido chega a Vista Alegre

Un Elche descoñecido chega a Vista Alegre

Os pupilos de Juanma Marrube reciben mañá, venres (20.30 horas), en Vista Alegre a un Elche CF que recalará na Mariña encadeando malos resultados, aínda que tamén certamente descoñecido, con cambios: “Vai ser un partido un pouco trampa. Veñen dunha mala racha pero cambiaron de adestrador e ante iso non sabemos como van saír, se vai haber moitos cambios ou non. Iso é algo que non podemos controlar así que nós só podemos facer o noso traballo o mellor que sabemos para que os tres puntos queden en Vista Alegre” explicaba Álex, custodiando a portería menos batida de Segunda LNFS, con tan só 9 tantos en 7 xornadas.



Carlos Sánchez asumiu as rendas do Elche dirixido ata este martes por Pablo Conejero, tras tres derrotas, fronte a Antequera (0-4), Puertollano (6-2) e Manzanares (2-4), que o levaron á antepenúltima praza (4 puntos), e só puido puntuar ante Prone (2-4) na primeira xornada e Tenerife (1-1) na cuarta.



Ao Pescados Rubén Burela FS tocaralle defender a segunda praza nesta oitava xornada, a tan só 1 punto do líder, Bisontes (16 puntos), para devolverlle ao talismán de Vista Alegre a alegría tras o fatídico último segundo da última cita en casa fronte ao Barcelona: “Espero que a afección siga como ata agora; a xente está respondendo moi ben, estase volvendo encher o pavillón, está animando. Espero que continúe esta dinámica tamén da afección porque o seu apoio axúdanos a gañar os partidos” explicaba o 13 laranxa agradecendo a implicación da bancada.



“Eu atópome ben pero o traballo e os resultados son de todo o equipo. Se eu estou ben e os dianteiros non marcan tampouco facemos nada. É mérito de todo o equipo, o traballo defensivo conxunto é o que nos puxo onde estamos” falaba así con humildade Álex da boa dinámica en defensa dos mariñáns.




Renato non entrará na convocatoria por molestias na coxa esquerda. No seu lugar farao o xuvenil Pitero.




Bolos preñados de aperitivo



Con cada consumición (auga e/ou refresco), os clientes do bar do pavillón terán un bolo preñado gratis (ata fin de existencias).



Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Víctor, 5. Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 10. Matamoros, 11. Cora, 13. Álex, 14. Pope, 16. Pitero, 20. Kelson

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.