20/10/2017

Duelo de forzas no cumio, coa visita do Barcelona B

Duelo de forzas no cumio, coa visita do Barcelona B

O Pescados Rubén Burela FS defende este sábado o liderado de Segunda LNFS en Vista Alegre (19.30 horas) co potente FC Barcelona Lassa B, que recala na Mariña, empatado a puntos cos laranxas.



“Necesitaremos o apoio da afección. O equipo está xogando ben e necesitamos que a bancada nos apoie” pedía José Antonio Luna Guijarro, Colacha, incidiendo na relevancia do grande ambiente da Bancada Laranxa: “Estamos loitando por un obxectivo moi bonito e sen o apoio da afección non vai ser posible. Vista Alegre estase enchendo aos poucos, para nós é moi importante. Xogar co apoio da nosa afección faranos crecer ante as adversidades” explicaba o 9 burelista.



Unha tarefa ardua preséntaselles aos de Juanma Marrube, co obxectivo de sumar o quinto triunfo consecutivo e aferrarse á primeira praza ante o equipo que alzou o título a tempada pasada: “Teremos en fronte ao actual campión de liga que chegará con ganas de recuperar os tres puntos, logo da súa primeira derrota, con Manzanares (3-4). Con todo, nós estamos nunha boa dinámica, estamos traballando para mantela, moi concienciados para o partido de mañá”, aseguraba con optimismo Colacha, destacando as fortalezas catalás: “É un equipo novo, con xogadores rápidos e boa defensa en primeira liña, pero se somos capaces de realizar o partido que nos expuxo Juanma teremos moitas opcións de deixar os tres puntos na casa”.



O andaluz está moi ilusionado co grande inicio ligueiro do Pescados Rubén Burela FS aínda que sen precipitarse: “Estar líder é unha gran motivación, pero a liga só está empezando. O equipo está con gran confianza e temos que seguir así. O noso principal obxectivo é chegar a marzo en moi boas condicións e se seguimos así o equipo vai estar arriba”, valoraba así o ala laranxa o bo comezo do equipo, no que se ve reflectido individualmente: “Estoume integrando moi ben. Hai un grupo san e así se está vendo na pista, ademais o corpo técnico é moi próximo a nós e iso dános un plus de confianza a todos os xogadores”.




Merenda con bolos preñados



A partir das 19.00 horas, por cada consumición (auga e refrescos) no bar de Vista Alegre, regalarase un bolo preñado (ata fin de existencias).



O Futuro Laranxa a escena



Durante o descanso, a afección tamén poderá da ilusión do Futuro Laranxa cun partidiño do equipo Benxamín A.



Juanma dispoñerá de todos os seus efectivos para a cita.



Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Víctor, 5. Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 10. Matamoros, 11. Cora, 12. Renato, 13. Álex, 14. Pope, 20. Kelson

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.