20/10/2017

Cidade das Burgas, primeiro espectáculo irmandiño paras as laranxas en liga (sábado 21, 19.30 horas, TVG2)

Cidade das Burgas, primeiro espectáculo irmandiño paras as laranxas en liga (sábado 21, 19.30 horas, TVG2)

A TVG2 dará unha pincelada máis de emoción mañá ao primeiro espectáculo irmandiño de Primeira RFEF para as laranxas, coa visita á pista do Cidade das Burgas (Os Remedios, 19.30 horas). A sexta xornada chega cun derbi de contrastes, entre a cuarta praza do Pescados Rubén Burela FS (12 puntos) e a antepenúltima das ourensás (1 punto).



As de Julio Delgado e Lucas buscarán 3 novos puntos para seguir na apertadísima zona alta logo de retomar o camiño da vitoria a semana pasada nun duro partido fronte a Penya Esplugues Gironella: “Foi unha semana de moito traballo tras sacar un partido moi difícil no que tiven a felicidade de marcar o meu primeiro hattrick con esta camiseta. Estou moi contenta por esta primeira experiencia; agora toca seguir traballando e crecendo día a día” explicaba Cilene, a gran goleadora da última xornada, que comparte o título provisional de pichichi laranxa con Dany, con 5 tantos.



“Sabemos que o rival cambiou un pouco e ten algunhas baixas pero nós non debemos despistarnos. A liga está sendo moi difícil para todos, con rivais moi complicados. O Cidade das Burgas está tendo dificultades neste arranque de liga pero nós non debemos descoidarnos, temos que estar centradas en facer o noso traballo cun bo xogo” advertía a 6 burelista, confesando o seu desexo de que este primeiro derbi galego da tempada tamén brille o laranxa na bancada ourensá.



A expedición mariñá poñerá rumbo ao seu destino mañá ás 15.00 horas.



Convocatoria Cidade das Burgas: Ana Lastra, Sonia Pacios, María Arias, Clara Fernández, María Rego ‘Figo’, Amelia Cobelas, Xiana Rosales, Nahir Oliveira, Antía Sánchez, Iria Domínguez, Merche García, Canolich Fernández



Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Sofía, 37. Julia Forsiuk



 

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.