14/10/2017

Escintileos laranxas no liderado tras levar o derbi en Lugo (0-4)

Escintileos laranxas no liderado tras levar o derbi en Lugo (0-4)
Reafirmou esta tarde en Lugo a súa solidez defensiva como equipo menos goleado de Segunda un Pescados Rubén que volveu deixar a cero a súa portería nunha vitoria, ante o Prone (0-4), encauzada con grande eficacia no primeiro período, con goles de Renato, Matamoros e Chus. O cuarto triunfo consecutivo, nun encontro duro, outórgalles aos de Juanma Marrube o liderado de Segunda, empatados a 12 puntos con Bisontes Castellón, FC Barcelona Lassa B e FS Valdepeñas.

Renato puxo por diante os da Mariña xa no minuto 4, unha vantaxe que ampliaron Matamoros, no 7, de falta, e Colacha, en recuperación, antes de cumprirse a medianía do primeiro acto. Coa superioridade tras a expulsión de Óscar Iglesias (minuto 10), os laranxas dispuxeron de ocasións, aínda que sen acerto finalizador. Este dominio do marcador fixo dano nas filas locais, que apenas xeraron perigo sobre a rede custodiada por Álex. Oficio e orde foron os principais estandartes do Pescados Rubén Burela FS para saber xestionar a renda colleitada antes do descanso. A falta duns seis minutos para o descanso, o Prone apostou por xogo de cinco, co idéntico contraataque dos burelistas. O definitivo 0-4 subiu ao electrónico na recta final con firma de Matamoros, en cinco para catro.

Ficha técnica

Prone Lugo: Óscar Iglesias, Castilla, Porto, Javaloy, Javito, cinco inicial; tamén xogaron Sergio Vela, Manuel V., Nazareno, Villoria, Pablo, Crivi, Adrián

Pescados Rubén Burela FS: Álex, Hélder, Luisma, Chus, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Pope, Víctor, Colacha

Goles: 0-1, minuto 4, Renato; 0-2, minuto 7, Matamoros; 0-3, minuto 9, Chus; 0-4, minuto 38, Matamoros

Árbitros: Menéndez Nistal // Vilas López (Galicia). Por Prone vermella a Óscar Iglesias (minuto 10), amarela a Javito, Porto, Crivi, Javaloy. Por Burela amarela a Chus, Matamoros, Pope.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 5 de Segunda LNFS disputado no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.