19/09/2017

Estrea en Copa do Rei (mércores 20, 20.00 horas)

Estrea en Copa do Rei (mércores 20, 20.00 horas)

Tan só 4 días logo de arrincar a liga de Segunda LNFS, o Pescados Rubén Burela FS terá que encamiñar o rumbo en Copa do Rei, mañá, coa primeira eliminatoria na pista do Ziérbena, de Segunda B (20.00 horas).



O equipo de Juanma Marrube partirá mañá pola mañá para pelexar por seguir dando pasos en Copa. “Sempre supón unha ilusión participar nunha competición distinta, que se sae do habitual da liga. É unha pista complicada, a min xa me coincidiu xogar alí varias veces e sei que vai ser díficil; ten un bo equipo, perderon xogadores con respecto ao ano pasado, pero xa levan dúas xornadas de liga, con dúas vitorias” explicaba unha das caras novas desta tempada, Luisma, sen deixar marxe de confianza: “Témolo que tomar como un partido de liga, como unha proba máis; sen confiarnos porque o rival estea nunha categoría inferior, xa que vai saír a por todas e máis na súa pista”.



A primeira rolda do torneo conta coa entrada de todos os equipos da categoría de prata, salvo os filiais que se medirán aos clasificados de Segunda División 'B'. Os encontros disputaranse, entre hoxe e mañá, nesta fase da competición a partido único e no campo do conxunto de menor categoría.



Enfrontamentos da primeira rolda da Copa S.M. O Rei:



Cidade de Narón – Noia Portus Apostoli
CDF Zierbana – Pescados Rubén Burela
Guardo FS – Prone Lugo
Castelldefels CCR – Elche CF Sala
FS La Unión Las Palmas – Bisontes Castellón
CFS Fonononos Gomerón – Rivas Futsal
Window ABS Maroxata – Real Betis Futsal
Pío Pío Temisas – Tenerife Iberia Toscal
Unión Africa Ceutí – CD UMA Antequera
FS Talavera – CD Atlético Mengíbar
Pinseque AD – FS Valdepeñas
CFS Colo Colo – Manzanares FS
Leganés FS – FSD Puertollano
FS Cuellar – ITEA Córdoba CF Futsal



Vista Alegre, sábado ás 19.30 horas



A liga centrará o segundo compromiso desta semana para os laranxas este sábado, coa visita de ElPozo Ciudad de Murcia (19.30 horas) na segunda xornada. “Tocounos un comezo de liga un pouco complicado. Os filiais sempre son equipos nos que a maioría dos xogadores teñen ritmo de competición de Primeira, porque moitos adestran co primeiro equipo” explicaba Luisma, autor do gol laranxa na xornada inaugural, con 2-1 antes FS Valdepeñas: “As sensacións foron positivas salvo polo resultado. O equipo competiu ben, salvo por pequenos detalles, que é sobre o que temos que traballar. O equipo deu a cara ante unha pista difícil e ante un dos que está chamado a estar nos postos altos da clasificación”. O 6 burelista apela á solidez da Bomboneira como unha das referencias do equipo: “Unha das cousas que vai marcar os equipos que estean arriba ou abaixo van ser os partidos da casa. Unha das nosas fortalezas deben ser os encontros en Vista Alegre, coa axuda da afección e do noso traballo” explicaba o pivote, ilusionado co seu debut ligueiro de laranxa no mausoleo mariñán: “Para moitos será o noso primeiro partido de liga defendendo o Pescados Rubén. Esperemos que a xente veña ao pavillón, que nos anime e que xuntos poidamos conseguir os tres primeiros puntos” concluía Luisma.



 



 



 

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.