04/09/2017

Os mellores de 2016-17

Os mellores de 2016-17

Esta mañá o fútbol sala español puxo en marcha a nova tempada coa Gala de presentación de 2017-18 na Cidade do Fútbol de Las Rozas. O Comité Nacional de Fútbol Sala da RFEF, presidido por Antonio Escribano, entregou os premios aos mellores da tempada pasada. O directivo do Pescados Rubén Burela FS Rubén Blanco estivo alí para facer os honores, recollendo o trofeo de campión División de Honra Xuvenil Grupo 1 2016-17.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.