27/08/2017

Triunfo do Pescados Rubén Burela por 1-3 ante O Parrulo Ferrol en Cedeira

Crónica LNFS. O Pescados Rubén Burela vence por 1-3 ao O Parrulo Ferrol nun partido disputado na tarde do sábado, no Polideportivo Municipal de Cedeira.
Triunfo do Pescados Rubén Burela por 1-3 ante O Parrulo Ferrol en Cedeira
Nos primeiros minutos do partido os ferroláns empezaron con defensa alta, estando cómodos sobre a pista e levando a batuta no xogo, onde o Pescados Rubén Burela respondía defendendo arriba. Os da Mariña aproveitaban un erro dos ferroláns, que propiciaba que Helder anotase o 0-1 no minuto 7, mentres que dous minutos despois a historia repetíase, sendo Luisma o autor do 0-2. Estes dous goles facían dano aos xogadores de O Parrulo Ferrol, con moitos nervios sobre a pista e cometendo bastantes erros, aínda que con este 0-2 o encontro íase ao descanso.

Trala reanudación, os ferroláns tiveron doce minutos bastante bos sobre a pista, realizando defensa a media pista e realizando un mellor xogo, pero non conseguían recortar distancias, senón que chegado o minuto 33 Hélder volvía ser protagonista ao anotar o seu segundo tanto na súa conta particular e facer o 0-3. Nos minutos finais O Parrulo Ferrol intentábao con porteiro-xogador sobre a pista, dando resultado o xogo de cinco, cun gol de Dani Montes dentro do último minuto do partido, sendo o 1-3 o resultado definitivo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.