24/08/2017

Judith: 'Temos un equipo máis completo'

Judith: 'Temos un equipo máis completo'

A novísima Judith Pedreira Arias (A Coruña, 1998) afronta os inicios da que será a súa terceira campaña na Mariña co seu sorriso eterno. Xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o directivo Rubén Blanco, a ala-peche mostrouse exultante ao falar das virtudes e das metas do proxecto burelista: “É un equipo máis completo ca o ano pasado; hai incorporacións e máis rotacións. É moi importante que se manteña o bloque, tanto do corpo técnico coma de xogadoras, porque xa coñecemos as bases do xogo; ademais as novas incorporacións veñen pisando forte e esperemos que nos poidan axudar moito a seguir conseguindo títulos e cousas grandes no club”.



Para a 15 laranxa, aos 18 anos, só afloran sentimentos positivos na continuidade da súa etapa no Pescados Rubén, “con moitísima máis ilusión ca o primeiro ano, con moitas ganas de facer algo grande co equipo e de seguir aprendendo e mellorando individualmente”. “Espero ter sorte e ter minutos; sei que teño que gañalos” explicaba Judith.




Rumbo a Viana do Castelo



A expedición laranxa porá rumbo a terras lusas mañá pola mañá, ás 8.30 horas para disputar xa pola noite o II Torneo Internacional Cidade Viana do Castelo, xunto a Sport Lisboa e Benfica, VV Pernis, Poio Pescamar e Santa Luzia Futebol Clube (pavillón Monserrate). O cadro mariñán pechará a fin de semana en Marín, cun amigable fronte ao Fisgón, de Segunda División (20.00 horas). “Será unha fin de semana con 4 partidos en 3 días. O torneo de Portugal vai ser duro, dun nivel moi alto, pero afrontámolo con moitas ganas porque será a base da nosa pretempada e así podemos seguir mellorando e aprendendo dos erros, que será o fundamental para comezar a tempada”, adiantaba Judith.



 



O torneo luso poderá seguirse endirecto por streaming: Canal da Sportflash TV no YOUTUBE (ligazón):



 



Venres 25 de agosto. Torneo Viana do Castelo (Horario portugués)



21.00 horas: Poio Pescamar-Sport Lisboa e Benfica (ligazón streaming)
22.00 horas: VV Pernis-Pescados Rubén Burela FS (ligazón streaming)




Sábado 26 de agosto. Torneo Viana do Castelo (Horario portugués)



10.30: Santa Luzia-VV Pernis
11.30 horas: Pescados Rubén Burela FS-Poio Pescamar FSF
16.00 horas: Santa Luzia-Sport Lisboa e Benfica
17.30 horas: 3º-4º clasificado
18.30 horas: Final



Domingo 27 de agosto. Amigable en Marín



20.00 horas: O Fisgón-Pescados Rubén Burela FS (pavillón A Raña)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.