24/08/2017

O Cadete Laranxa, no Torneo Valladolid Ciudad de Deporte

O Cadete Laranxa, no Torneo Valladolid Ciudad de Deporte

O conxunto cadete volverá representar o Pescados Rubén Burela FS esta fin de semana no Torneo Nacional de Fútbol Sala Valladolid Ciudad del Deporte. O pavillón municipal Parquesol acollerá a segunda edición da cita entre o sábado e domingo, con Valladolid Tierno Galván, Laguna FS, Club Deportivo San Cristóbal, River Zamora, Salamanca FS, Tres Columnas FS e Rivas Futsal como rivais dos mariñáns adestrados por Christian Fustes.  Horarios adxuntos
 
Será o primeiro compromiso dos cadetes, que comezaron a pretempada o 21 de agosto. Entre o Futuro Laranxa, tamén están traballando, dende o día 14, os xuvenís con Christian Fustes, Mario Pillado e Simón Martínez no corpo técnico.



A cita valisoletana, na categoría xuvenil (pavillón Lalo García), acollerá a Laguna FS, River Zamora, Valladolid Tierno Galván, CD Medinense, Las Rozas Boadilla, Atco. Benavente, AD Escurialense, Rivas Futsal.




Calendarios de xuvenís 2017-18



O xuvenil de División de Honra estreará a liga o 23 de setembro, recibindo ao Cidade de Narón. Compartirán o Grupo 1 ademais con Talleres ABC-IES Coruxo Vigo FS, Pecheches FS A, Troula Betanzos FS, Leis Pontevedra, SD A Gaiola, Santiago Futsal, Fútbol Sala Bueu, EDM Concello de Guitiriz, Alto do Vento FS, Vigo 2015 e ADC Lugo Sala Keeper Galicia. O conxunto laranxa, actual campión de liga, pechará a competición o 28 de abril, tamén na casa, co Noia FS, na xornada 26.



A outra folla de ruta que se coñece ata o momento na base burelista é a de Liga Galega Xuvenil, con inicio o 30 de setembro na Bomboneira fronte aos Meigallos. A clausura será  o 2 de xuño, coa visita do Begonte na xornada 30. Completan o calendario Baíña Fútbol Sala, Academia Red Blue 5 Coruña FS, Áncora d’Ouro, A Tropa Coles, ED Poio Pescamar FS, Cios Vigos, GRI Carballiño Fútbol Sala, Pizarras Los Tres Cuñados FS, Prolsport-Vivian, Valdesuso Peugeot Vilalba FS, Redondela FS, EDC Verín e Prone Lugo Adarve.



 



Calendarios adxuntos



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.