19/08/2017

Ourense Envialia-Pescados Rubén

Ourense Envialia-Pescados Rubén
Un novísimo Pescados Rubén Burela FS, con escasas rotacións, tratou de espremer o primeiro test de pretempada esta tarde na pista dun sólido Ourense Envialia con resultado a favor das locais, 4-1.

O conxunto de Julio Delgado soubo compensar a pouca experiencia e a mocidade con entrega total e absoluta indo de menos a máis e con minutos para algunhas de prometedoras xogadoras do Comarcal A Fervenza, fronte a un rival moito máis rodado. As locais souberon atopar os ocos da rede defendida na primeira parte por Ana Romero, con 2-0 ao descanso, e máis tarde por Jozi, nunha segunda parte na que tamén se acusou a ausencia de Dany, por un golpe. Sara Correia anotou o tanto mariñán na recta final, de dobre penalti.

Ficha técnica

Ourense Envialia FSF: Vane, Luci, Marta, Antía, Chiqui, cinco inicial; Sara Moreno, Claudia, Paula, Nerea, María

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Sara, Dany, Sofía, Lara, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Belén, Cris, Carol, Jozi

Goles: 1-0, minuto 3, Antía; 2-0, minuto 8, Marta; 3-0, minuto30, Lucía; 4-0, minuto 31; 4-1, minuto 39, Sara

Árbitros: González Lubián // Otero Baltasar (Pontevedra)

Incidencias: Primeiro partido amigable de pretempada para o Pescados Rubén Burela FS de Primeira RFEF, disputado no pavillón ourensán dos Remedios.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.