10/08/2017

Arranca a pretempada para as Laranxas

Arranca a pretempada para as Laranxas

O Pescados Rubén Burela FS de Primeira División RFEF deu comezo esta tarde á pretempada coa primeira xuntanza en Vista Alegre. Xunto ás gardametas Jozi e Ana Romero, Bea Mateos, Dany e Lara tamén participaron na xornada inaugural as prometedoras Judith e Sofía, que seguirán medrando nun proxecto que aposta pola solidez, experiencia e continuísmo, mellorado con incorporacións internacionais. Unha delas, a portuguesa Sara Correia, xa puido coñecer as súas novas compañeiras; tamén recalou na Mariña hoxe, a ucraína Julia Forsiuk, á espera de documentación para a formalización da contratación.



Cilene, aínda no Brasil, incorporarase ao traballo do cadro laranxa nos vindeiros días. A próxima semana, o Pescados Rubén tamén recibirá a visita de 6 xogadoras do Comarcal A Fervenza FSF para achegarse á dinámica de pretempada.



Despedidas



Xunto a Silvia Rubal e Shiori, tamén se despiden do equipo para  2017-18 a ribadense Elvira López, que defenderá a camisola da Fervenza a vindeira tempada, e a cervense Paula Cortiñas, ás que a Familia Laranxa lles desexa fortuna nos seus novos proxectos.



Axenda



O 2º Torneo Internacional de Futsal Feminino Cidade de Viana do Castelo levará o Pescados Rubén Burela FS a Portugal os días 25 e 26 de agosto xunto aos lusos Sport Lisboa e Benfica e Santa Luzia Futebol Clube, o holandés VV Pernis e o irmandiño Poio Pescamar.



O conxunto laranxa está ultimando detalles para completar a pretempada con outros dous amigables con rivais galegos e para datar os primeiros compromisos da Copa Galicia.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.