22/06/2017

Carlitos abandona as filas laranxas

Carlitos abandona as filas laranxas

O burelao Carlos Valle Izaguirre, Carlitos, abandona as filas do Pescados Rubén Burela FS despois de tres tempadas en Primeira División co equipo sénior. O ala canteirán, de 23 anos, non aceptou a proposta de renovación do club burelista e pon fin así á súa etapa futbolística na entidade que o viu medrar dende a categoría prebenxamín.



“Foron uns anos moi bonitos; esta é a miña casa, sentinme moi arroupado polo pobo e pola afección, pero chegou o momento de tomar novas decisións e vou centrarme na miña preparación académica e laboral” explicaba así Carlitos os motivos de aparcar a súa faceta como deportista. “Dóeme deixar o equipo en Segunda pero non dubido de que axiña volverá estar onde se merece. O fútbol sala sempre será parte de min e espero poder recuperalo para a  miña vida algún día” así se despedía o 17 burelista do club e da bancada.



A Familia Laranxa deséxalle a Carlitos un futuro cheo de éxitos na súa nova andaina.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.