01/06/2017

Isi deixa A Mariña

Isi deixa A Mariña

Despois de catro tempadas e media, o ala-peche Isidoro Garrido Luque, Isi, deixará A Mariña. O xogador cordobés e o Pescados Rubén Burela FS non chegaron a un acordo nas condicións de renovación vinculadas á realidade do club na Segunda División.



O ata agora 7 laranxa recalou en Burela no mercado de inverno da primeira tempada da entidade laranxa na elite, procedente do húngaro Raba Eto Gyor, para converterse nun dos alicerces do equipo, para asentarse na categoría grazas ao seu traballo incansable, profesionalidade e dedicación, e nun burelao máis xunto á súa familia.



Para a Familia Laranxa foi un pracer compartir estes anos con Isi e desexámoslle moita fortuna na súa nova andaina.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.