29/05/2017

Matamoros: 'Teño moitas ganas de empezar e espero que me respecten as lesións para dar o mellor de min'

Matamoros: 'Teño moitas ganas de empezar e espero que me respecten as lesións para dar o mellor de min'

O pivote Jorge Valhermoso Matamoros (Madrid, 1984) será outro dos pesos pesados na nova andadura do Pescados Rubén Burela FS en 2017-18. “Teño moitas ganas de empezar e espero que me respecten as lesións para dar o mellor de min. É un cambio importante de cadro, pero eu aposto por Burela, quédame un ano de contrato. O proxecto é interesante, Juanma e a directiva están traballando para facer un equipo competitivo. Será un Burela que vai contar moito coa canteira, con reforzos importantes para conseguir os obxectivos” explicaba Mata na sede laranxa, tras unha reunión co presidente e o vicepresidente, Manuel Blanco e José Luis Sáez.



O traballo incansable, a autoesixencia e a maxia goleadora volverán brillar en Mata, deixando atrás un longo período afastado das pistas pola súa lesión de xeonllo: “Pasei 2 anos moi malos, deportiva e persoalmente; non puiden axudar o equipo. Puiden xogar o último partido tan só 5 minutos; adestrara 2 días, tampouco estaba nas miñas mellores condicións, intentei facer todo o posible para axudar pero non houbo sorte”. Agora a ilusión só deixa cabida para o afán de superación: “Espero achegar moito na cancha e ás novas incorporacións” puntualizaba o madrileño.



O 10 laranxa ten toda a súa confianza depositada na dirección de Juanma Marrube: “Os xogadores xa o coñecemos e el coñece o club mellor ca ninguén; leva moitos anos traballando aquí. Coas ganas e a ilusión de Juanma pódense conseguir moitas cousas a próxima tempada” concluía Mata.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.