09/05/2017

O Pescados Rubén e Tomás de Dios rescinden contrato

O Pescados Rubén e Tomás de Dios rescinden contrato

Os camiños do Pescados Rubén Burela FS e Tomás de Dios separaranse o 30 de maio. Ambas as partes decidiron rescindir o contrato, que contemplaba as dúas próximas tempadas, tras non chegar a un acordo no proxecto 2017-18 en Segunda División.
“Algunhas das peticións de Tomás non coincidían co proxecto da directiva. Traballaremos con ambición, pero tamén coa condición de club humilde que sempre nos caracterizou, por un proxecto ilusionante, pero tamén realista, sempre cos pés no chan” explicaba o presidente do Pescados Rubén, Manuel Blanco, agradecendo a “dedicación e profesionalidade” do técnico durante estes meses na Mariña e desexándolle “o mellor dos futuros”. “Tomás sempre terá as portas deste club abertas”, puntualizaba o dirixente laranxa.



Tomás de Dios López (Bordeos, 1965) tomou as rendas do equipo en xaneiro tras a despedida de Daniel Ibañes, nunha mala etapa de resultados. Baixo as súas ordes, o equipo mariñán disputou as semifinais de Copa do Rei, clasificouse para a final da XXVI Copa Galicia, co título de subcampión tras caer fronte ao Santiago Futsal, e pelexou ata a última xornada pola permanencia na mellor liga do mundo.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.