29/04/2017

Móstoles 3-3 Pescados Rubén

Móstoles 3-3 Pescados Rubén
O gran traballo do Pescados Rubén Burela FS despregado en Móstoles só lle permitiu regresar con 1 punto, con resultado final de 3-3. Foi un bo partido das mariñás; o seu dominio da cita, ante un equipo moi valente, viuse lixeiramente empañado pola escaseza de eficacia cara á portería, nunha tarde na que o cadro laranxa quixo poñer sobre a palestra o 5 para 4 en varios momentos.

A iniciativa no marcador de Dany, no minuto 4, desapareceu na seguinte xogada, cun tanto de Patri Chamorro. Co 1-1, decidiu estrear na pista o xogo de cinco, liderado por Bea Mateos, un recurso que alternou durante toda a cita, aínda que no primeiro acto non obtivo recompensa. As locais aproveitaron un rexeite de María Otero para marchar ao descanso con vantaxe.

O equilibrio dos primeiros vinte minutos cederon terreo á posesión e ocasións laranxas. No entanto, foron as mostoleñas as primeiras en ver a meta rival, no minuto 27, nunha perda con porteira xogadora das burelistas. Antes de chegar ao ecuador, Judith reduciu ao 2-3 en contraataque e Shio, tan só un minuto despois, puxo táboas con xogo de cinco. O Pescados Rubén viviu unha recta final cargada de ocasións que non frutificaron ante a gran actuación da porteira mostoleña.

Ficha técnica

FSF Móstoles: Ana Belén, Patri Chamorro, Celia, María, Inma, cinco inicial; tamén xogaron Rocío, Carmen, Elisabeth

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Bea Mateos, Cilene, Shiori,cinco inicial; tamén xogaron Lara, Judith, Elvira, Sofía, Jozi

Goles: 0-1, minuto 4, Dany; 1-1, minuto 4, Patri Chamorro; 2-1, minuto 17, María Otero; 3-1, minuto 27, Carmen; 3-2, minuto 29, Judith; 3-3, minuto 30, Shiori

Árbitros: Alonso Abad // Arquero Jordán (Madrid)

Incidencias: Partido corresponiente á xornada 26 de Primeira División disputado en el pavillón Villafontana de Móstoles. A xogadora do Móstoles Inma quedou inconsciente por un momento tras un golpe sufrido cunha compañeira nos últimos minutos do encontro; recuperouse sobre a pista pero foi trasladada ao centro médico.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.