28/04/2017

O Pescados Rubén, fronte a un Móstoles motivado coa Copa

O Pescados Rubén, fronte a un Móstoles motivado coa Copa

O Pescados Rubén Burela FS disputará mañá a xornada 26 de Primeira RFEF na pista do Móstoles FSF (pavillón Villafontana, 18.30 horas), que a falta de 5 citas para conclusión ligueira espera as mariñás pelexando dende a oitava praza (35 puntos) para asegurar a súa presenza na Copa de España.



“É unha visita complicada; é un equipo que está loitando pola Copa e recorrerá a facerse forte sobre todo na casa para cumprir co obxectivo” advertía o técnico burelista, Iván Cao Valle, Lucas, incidindo na veteranía e nas internacionalidades das mostoleñas como grandes armas: “Teñen a gran referencia de Patri Chamorro, pero tamén da internacional Inma, que está moi acertada de cara ao gol” explicaba o adestrador focego, destacando o traballo do Pescados Rubén, que recuperou a senda da vitoria a semana pasada, con Leganés Masdeporte (5-2) despois de dous empates con rivais galegos e próximos na táboa: “Temos que seguir nesta liña, con intensidade e minimizando os erros para volver cos tres puntos”.



Na ida o marcador caeu do lado burelista, cun axustado 4-3.



A expedición laranxa partirá mañá ás 8.30 horas.



Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13.Nerea, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofia, 18. Shiori, 26. Elvira

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.