25/04/2017

O futuro da elite en 40 minutos

O futuro da elite en 40 minutos

O Pescados Rubén Burela FS pechará a súa quinta tempada na elite pelexando por seguir tendo o privilexio e orgullo de pertencer á mellor liga do mundo. 40 minutos fronte ao UDDM Levante (12ª praza) separan os mariñáns da salvación este venres en Vista Alegre (21.00 h. –horario unificado-), dependendo ademais doutros resultados. O partido poderá seguirse en directo coa LNFS por streaming.



“É a semana máis transcendental de nosa traxectoria en Primeira, xogámonos o futuro na categoría; temos que conseguir a vitoria como sexa” dicía contundencia o capitán laranxa, Edu.



Con 24 puntos, os burelistas ocupan a penúltima praza, con 1 punto de desvantaxe sobre Plásticos Romero Cartagena e 3 sobre Gran Canaria FS. Vista Alegre volverá erixirse como o principal baluarte para cumprir o primeiro obxectivo laranxa, os tres puntos: “Nas últimas estamos sendo fortes na casa, a xente estanos apoiando bastante. Iso dá confianza no xogo, máis ocasións de gol, intensidade defensiva... Esa é a chave. Vista Alegre ten que volver ser coma estas últimas semanas para sacar os tres puntos” aseguraba o meta naronés, incidindo nos condicionantes para asegurar a continuidade na máxima categoría, dependendo de Cartagena (25 puntos) e Gran Canaria (27 puntos): “Temos que facer o noso traballo e despois esperar que tanto Santiago Futsal –con Cartagena- coma Palma –con Canarias-, que se xoga moito para quedar cuarto, nos boten unha man e así poder seguir en Primeira”, advertía o 1 laranxa.




Entrada gratuíta



Vista Alegre terá abertas as súas portas de forma totalmente gratuíta ata as 20.30 h. A partir desa hora, tamén accederán gratis os afeccionados/as que acudan vestidos de laranxa. O club facilitará aplaudidores, gorras e outras sorpresas para asolagar de laranxa a bancada da Bomboneira.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.