20/04/2017

Ana Romero reincorpórase ao Pescados Rubén

Ana Romero reincorpórase ao Pescados Rubén

A meta Ana Romero (Yecla, 1994) reincorpórase ao Pescados Rubén Burela FS para afrontar a recta final da tempada. A murciana, que xa defendeu os intereses laranxas a comezos de 2016-17, regresa á entidade mariñá tras cumprir cos seus compromisos laborais e académicos en Inglaterra e na súa terra natal.



“Presentóuseme a opción de volver e  aproveiteina porque me parece unha grande oportunidade para rematar a liga, buscando un empurrón para a Copa de España. Espero conseguir o mellor con este equipo y con moitos ánimos e forzas” confesaba a 12 burelista.
Ana Romero xa puido adestrar de novo onte coas súas compañeiras e poderá estar dispoñible para o encontro do sábado, con Leganés Masdeporte (Vista Alegre, 18.30 horas): “O reencontro foi xenial; agradécese un recibimento así, cos brazos abertos, sobre todo ao estar lonxe da casa. Oxalá teñamos sorte na Copa; temos moitas ganas” explicaba a porteira, moi ilusionada.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.