17/04/2017

Recoñecemento do Concello de Burela para Jorge Quelle

Recoñecemento do Concello de Burela para Jorge Quelle

O alumno de base Jorge Quelle foi recibido esta tarde no consistorio burelao polo alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, como recoñecemento ao título de campión de España alcanzado con Galicia Infantil no Campionato de Seleccións Autonómicas de Arévalo (8-9 de abril). No acto, o xogador laranxa estivo arroupado por seus pais, o seu técnico, Mario Pillado, e o directivo do Pescados Rubén Burela FS Marcelino Luna.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.