06/04/2017

Apúntate xa ao Xantar da Irmandade Laranxa, sábado 6 de maio

Apúntate xa ao Xantar da Irmandade Laranxa, sábado 6 de maio

A Familia Laranxa festexará un gran Xantar de Irmandade o sábado 6 de maio, no que xogadores e xogadoras dos conxuntos de Primeira División, alumnado da escola, adestradores, afección e directiva poderán compartir un entretido día de confraternidade.



O pavillón Monte Castelo acollerá a cita lúdico-gastronómica, nunha xornada con actividades para os máis pequenos, sobremesa musical, grandes sorteos e moitas sorpresas.



As persoas interesadas poden reservar a súa entrada ata o venres 28 de abril; o prezo do menú de ata 14 anos será de 8 euros e a partir de 15 anos será de 16 euros. -FORMULARIO PARA CUBRIR, ADXUNTO- Recibirán toda a información na sede laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo. Atención ao público: Luns-xoves 10.00-14.00//16.00-19.00 Venres: 10.00-14.00) ou no pavillón Vista Alegre, coincidindo cos encontros de Primeira División.




Visita á Escola Infantil. O Pescados Rubén Burela FS contribuíu hoxe co seu particular gran de area á Semana do Deporte organizada polo Concello de Burela, coa súa xa tradicional visita á Escola Infantil da localidade mariñá. Judith, Cilene, Dany, Emma, Jorge Bellvert e Edu, acompañados polo preparador físico Alfonso Mera, compartiron co alumnado de 2-3 anos un divertidísimo circuíto deportivo practicando a súa puntería en porterías e canastras. Os pequenos burelaos recibiron candasúa medalla de campións tras unha emocionante carreira.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.