01/04/2017

Reparto de puntos no derbi irmandiño

Reparto de puntos no derbi irmandiño
A primeira parte do derbi galego entre Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar comezou con ambos equipos marcando un ritmo alto e con transicións rápidas cara a meta rival. Con dominio alterno o choque transcorría sen ocasións claras de gol ata que se superou o ecuador. Tralo minuto 10 empezou o duelo nas porterías, Jozi evitou que o Poio adiantásese, minuto 13. A resposta local chegou por mediación de Judith tras pase de Dany e acto seguido chegou a réplica visitante que se atopou de novo coa boa intervención de Jozi.

Co marcador inicial chegouse ao descanso e na continuación o Pescados Rubén comezou dominando e gozou de tres boas ocasións por mediación de Dany que non logrou axustar ben os seus disparos. O Poio superou o acoso inicial das locais para dar paso a unha fase máis equilibrada aínda que o Pescados Rubén Burela mantiña a iniciativa ofensiva. Tras unha breve pausa o xogo volveu aumentar de ritmo e o Poio Pescamar gozou dunha boa ocasión cun disparo de Jessi ao pau, minuto 30. A resposta laranxa levou a firma de Bea Mateos pero o seu disparo frouxo foi detido por Silvia. O choque entrou nun intercambio de golpes e as visitantes roldaron o gol pero as burelistas responderon cun fulgurante e efectivo contragolpe para abrir o marcador. Cilene asistiu a Dany que elevou o 1-0 ao marcador, minuto 34. O Poio Pescamar non baixou os brazos e no minuto 37 empatou o derbi (1-1) cun gol de Jessi. No último minuto o Pescados Rubén Burela intentouno con Bea Mateos de porteira xogadora pero o marcador permaneceu impasible, finalizando o derbi con reparto de puntos.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Bea Mateos, Cilene, Shio -cinco inicial- Judith, Lara, Elvira, Sofía,

Poio Pescamar: Silvia, Ceci, Ale de Paz, Jessi, Jenny -cinco inicial- Patri, Carol, Suki.

Goles: 1-0, m.34, Dany; 1-1, m.37, Jessi.

Árbitros: Dans Rei, Martínez Pena. A Coruña. Cartón amarelo a Cilene (min.4), Elvira (mim.12) do Pescados Rubén Burela.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 23 da Primeira División. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 400 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.