18/03/2017

Vitoria do Pescados Rubén Burela por 4-0 ante o Sportiu Rubí

Vitoria do Pescados Rubén Burela por 4-0 ante o Sportiu Rubí
Comezou con bo pé o Pescados Rubén Burela o seu duelo co Sportiu Rubí co gol de Dany no minuto 2 de xogo. A pesar do 1-0 as visitantes mantiveron a súa guión de esperar en 15 metros para saír ao contragolpe. As burelistas tiñan a iniciativa do partido pero non atopaban o camiño para superar a defensa visitante. No minuto 6 chegou o primeiro aviso das catalás que desbaratou Jozi. No minuto 9 repetiuse a acción, contragolpe visitante e de novo Jozi gañou a partida, nesta ocasión ante Laia. Reaccionou o conxunto local ante os avisos visitantes pero sen atopar o ritmo necesario para xerar perigo. Un par de lanzamentos afastados de Cilene e Dany activaron ao seu equipo na recta final do primeiro periodo que se despediu con outro contragolpe perigoso do Rubí sen consecuencias. Ao descanso chegouse co 1-0 e na continuación o Pescados Rubén Burela saltou á pista con maior intensidade e pechando mellor as saídas ao contragolpe do Rubí. No minuto 25 Cilene ampliou a renda local cun disparo potente e raso ante o que Nerea nada puido facer. Co 2-0 a escuadra burelesa tranquilizouse e soubo frear mellor os contragolpes das catalás que non conseguían xerar perigo en ataque posicional. Tras varias acometidas laranxas chegou o 3-0 con Dany outra vez como protagonista, minuto 34, con disparo raso e cruzado. Acto seguido as visitantes optaron polo xogo de cinco e a mellor ocasión foi para o Burela pero Dany atopouse co pau. Insistiu o Rubí con porteira xogadora e o Burela tamén tomou a mesma decisión pero con maior acerto. Cilene cun gran disparo marcou o 4-0 que selou definitivamente o partido. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Bea Mateos, Shiori -cinco inicial- Judith, Elvira, Lara, Sofía, Silvia. Sportiu Rubí: Nerea, Tosti, Gloria, Alba, Arantxa -cinco inicial- Domi, Ainoa, Laia. Goles: 1-0; m.2, Dany; 2-0, m.25, Cilene; 3-0, m.34, Dany; 4-0, m.38, Cilene. Árbitros: Pérez Torrecilla, Moreira Bermúdez da Coruña. Cartón amarelo a Bea Mateos e Dany do Pescados Rubén Burela. Cartón amarelo a Nerea do Sportiu Rubí. Incidencias: Partido correspondente á xornada 21 da Primeira División. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 300 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.