19/02/2017

Reparto de puntos nun vibrante duelo en Los Cantos

Reparto de puntos nun vibrante duelo en Los Cantos
Crónica. Gustavo Voces. ACFSF

Competido encontro entre o AD Alcorcón e Pescado Rubén Burela co que se pechaba a xornada ligueira en Primeira División. O choque comezou con gran equilibrio sobre a cancha, aínda que, o combinado lucense conseguía adiantarse aos tres minutos de xogo, por mediación de Dany, culminando unha veloz contra da escuadra laranxa. Luján e Vadillos con remates de media distancia probaban sorte para as alfareiras en busca dunha igualada que non chegaba, mentres o Pescados Rubén Burela seguía fiando a súa sorte á definición da brasileira Dany para crear perigo constante á zaga amarela. O primeiro acto concluía cunha ocasión local en forma de falta directa que salvaba Jozi.

Ao pouco da reanudación, Vadillos estrelaba un remate ao pau nunha clara ocasión para o Alcorcón. A igualada chegaba aos 30 minutos de xogo, obra de Ana Rivera, que resolvía na frontal do área de tiro cruzado ante a brasileira Jozi. A máis de sete minutos da conclusión o Burela optaba polo xogo de cinco en busca da vitoria no partido.

A cinco do final, Shiori facía bo o xogo de cinco para poñer o 1 a 2 a favor do conxunto galego. O Alcorcón facía o propio co xogo de cinco no tramo final para conseguir a igualada por mediación de Vane Sotelo a menos de dous minutos para o final, logo dun disparo á madeira de Desi pouco antes. Tralo empate a dous e un pertinente tempo morto, o Burela volvía apostar polo xogo de cinco, pero nin unhas nin outras conseguirían transformar en gol as súas chegadas nun desenlace de partido máis que emocionante.

Ficha técnica

AD Alcorcón: Belén, Vadillos, Anita Luján, Ana Rivera, Isa García -cinco inicial- Vane Sotelo, Irene, Dessiré, Stela, Clara.

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Bea Mateos, Cilene, Shiori -cinco inicial- Silvia, Judith, Sofía, Lara, Elvira.

Goles: 0-1, m.3, Dany; 1-1, m.30, Ana Rivera; 1-2, m.35, Shiori; 2-2, m.37, Vane Sotelo.

Árbitros: Guzón Torrijos, Jiménez de Santiago.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 18 da Primeira División. Disputado no pavillón de Los Cantos de Alcorcón.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.