25/01/2017

Tomás de Dios: 'O importante é que o obxectivo se cumpriu'

Tomás de Dios: 'O importante é que o obxectivo se cumpriu'

O Pescados Rubén Burela FS xa é semifinalista de XXVI Copa Galicia. Poderá verse as caras con Prone Lugo logo de bater ao Cidade de Narón onte nunha cita moi rifada, con moito traballo defensivo para os laranxas na recta final. “Faltounos intensidade e concentración, pero o importante é que o obxectivo se cumpriu” explicaba o técnico burelista, Tomás de Dios.



A Gándara viviu unha primeira parte sen cambios no eletrónico. “Na primeira parte, esa falta de intensidade e concentración afectounos na profundidade. Ao descanso cambiamos un pouco; ao poñernos por diante no marcador o partido abriuse un pouco máis e tivemos máis posesión” explicaba De Dios, tras tomar a iniciativa os laranxas con goles de Iago Rodríguez, no 22, ampliada no 30 con Bellvert. Os mariñáns tiveron que aplicarse en defensa para non deixar escapar a eliminatoria nos últimos minutos, con 1 tanto de Iván con xogo de cinco: “A defensa de porteiro-xogador complicóusenos un pouco ao final e tocounos sufrir, pero conseguimos manter a vantaxe”, concluía Tomás de Dios.



A outra semifinal. O segundo billete que opta á final decidirase entre Noia FS e Santiago Futsal, que gañaron a O Parrulo (5-5, nos penaltis) e Leis Pontevedra (1-4) respectivamente.



Liga con derbi irmandiño, 4 de febreiro. A liga regresará tamén con arrecendo irmandiño, o sábado 4, coa Xornada 18, na pista do Santiago Futsal, duodécimo con 19 puntos, e as cámaras de Teledeporte (13.15 horas).



Ficha técnica:



Cidade de Narón: Esparza, Chicho, Brais, Víctor, Juve, cinco inicial. Tamén xogaron Sergio, Malaguti, Quique, Iván e o porteiro Arrivi no segundo tempo.



Pescados Rubén Burela FS: Álex, Isi, Iago Rodríguez, Carlitos, Antoñito, cinco inicial. Tamén xogaron Iago Míguez, Bellvert, Cuco, Renato, Hélder



Goles: 0-1, min 22, Iago Rodríguez; 0-2, min 30, Bellvert; 1-2, min 36, Iván.



Árbitros: Vilas Martínez e De la Iglesia Castelao, de Santiago. Amoestaron a Arrivi e Víctor do Cidade de Narón e a Antoñito do Pescados Rubén Burela FS.



Incidencias: Partido de cuartos de final de XXVI Copa Galicia disputado na Gándara ante unhas 250 persoas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.