16/01/2017

Primeiro paso cara ao soño de Copa do Rei

Primeiro paso cara ao soño de Copa do Rei

Vista Alegre vivirá mañá o primeiro paso cara ao soño da final de Copa do Rei. O Pescados Rubén Burela FS saltará á pista ás 21.00 horas, no partido de ida de semifinais, para pelexar contra o Magna Gurpea, sétimo en liga e un rival moi complicado, ao que os laranxas nunca puideron vencer. O outro duelo, entre ElPozo Murcia FS e Levante UDDM, arrincará á mesma hora.



O conxunto mariñán ten depositada toda a súa ilusión neste gran premio nunha etapa na que a liga lle está dando as costas. Mañá terá a oportunidade de pelexar por un soño que pode facer desaparecer todas as sensacións amargas que están xerando os resultados adversos das últimas semanas; a cita de Copa pode ser un refacho de aire fresco para que a escuadra laranxa recupere a boa senda de emocións e de números.



O vestiario laranxa non poderá contar con Cuco, Bellvert e Edu, por lesión. O último adestramento antes da cita será hoxe, ás 15.45 horas.



Nas filas de Imanol Arregui seguen sendo baixa Eric Martel e Víctor; Genario, a nova incorporación, non poderá debutar aínda.




Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 10. Matamoros, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 20. Miñano, 23. Antoñito, 27. Renato, 30 Hélder



Volta



A semifinal decidirase o martes 7 de febreiro en Anaitasuna, ás 20.00 horas, nunha semana na que navarros e galegos se volverán ver as caras en Vista Alegre, coa xornada 19 de liga.



Fin de Semana Laranxa



Vista Alegre volverá vestir as súas mellores galas para arrincar coa Fin de Semana Laranxa este venres, día 20, recibindo ao titánico Movistar Inter FS (21.00 horas), no terceiro e último Día do Club da tempada. O sábado, as pupilas de Lucas e Julio Delgado mediranse con Txantrea UDC en Primeira RFEF, ás 18.30 horas. A venda anticipada para a visita dos interistas estará aberta na sede laranxa mércores e xoves, de 10.00-14.00 e 16.00-19.00, e venres, de 10.00 a 14.00 horas; o prezo para non socios será de 15 €/adulto e 5 €/menor de 18 e para socios será de 5€/adulto e 1€/menor de 18.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.