10/01/2017

Venda anticipada para Copa do Rei, aberta dende o mércores 11

Venda anticipada para Copa do Rei, aberta dende o mércores 11

Vista Alegre xa se prepara para a histórica cita de Copa do Rei. Desde mañá, todas as persoas interesadas xa poden adquirir a súa entrada para o partido de ida de semifinais de Copa do Rei que medirá o Pescados Rubén Burela FS e o Magna Gurpea o martes 17 de xaneiro, ás 21.00 horas.



A venda anticipada estará aberta ata o luns, 16 de xaneiro, ás 14.00 horas, na sede laranxa (Horario de atención ao público: de luns a xoves, 10.00-14.00 // 16.00-19.00, venres 10.00-14.00 horas).



 



PREZOS PARA SOCIOS




Adult@: 5 euros



Menor de 18 anos: Gratuíto




PREZOS PARA NON SOCIOS




Adult@: 10 euros



Menor de 18 anos: Gratuíto



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.