05/01/2017

Vista Alegre estrea 2017 con ElPozo Murcia

Vista Alegre estrea 2017 con ElPozo Murcia

O Pescados Rubén-Burela FS e Vista Alegre estrean este sábado o ano coa visita do titánico ElPozo Murcia FS, no segundo Día do Club da tempada; o encontro de Primeira LNFS abrirá a Tarde Laranxa ás 17.00 horas, que porá o broche ao dobre duelo galego-murciano ás 19.30 horas, coa cita de Primeira RFEF ante o Jimbee Roldán. O cadro de Daniel Ibañes medirase ao terceiro da táboa con escaseza de efectivos. No vestiario laranxa non estará Matamoros, que cumprirá o segundo partido de sanción tras a expulsión fronte a Aspil Vidal Ribera Navarra. Tamén serán baixa Jorge Bellvert -por rotura de fibras-; Cuco –por molestias nun xeonllo dende a semana pasada-; Isi -por unha contractura sufrida no partido de Zaragoza- e Antoñito -por un proceso vírico. Entrará na convocatoria O viveirense Sergio Cora, de Onde Sempre Xove FS.



“ElPozo non é un equipo da nosa liga pero soubemos facerlle fronte en campañas anteriores. Temos que soñar con algo bonito e traballar para poder plantarlle cara e chegar aos minutos finais con opcións de sacar algo positivo, sendo serios en defensa e evitando que se alimente dos nosos erros porque coa súa calidade e olfacto de gol vai saber aproveitalo, sen dúbidas”, explicaba o capitán laranxa Iago Míguez, que recibe 2017 con grandes desexos: “As miñas metas para 2017 céntranse en conseguir os obxectivos, afastándonos dos postos de descenso, e se podemos loitar por algo máis bonito benvido sexa. Tamén temos moita ilusión depositada na Copa do Rei, temos que afrontalo coas mellores armas posibles, con todos recuperados; unha final sería un soño para todos”.



Liga, Copa do Rei e Copa Galicia ocupan a axenda dos mariñáns no mes de xaneiro con 6 compromisos en menos de 20 días: “Son moitos partidos en pouco tempo e agora mesmo as lesións mínguannos bastante pero temos que pensar en positivo e sacar as cousas adiante. Temos que pulir detalles que nos están custando caro ata agora, somos conscientes diso e traballaremos arreo ata final de tempada” explicaba o 5 laranxa con optimismo.
 
A última sesión da semana será mañá ás 11.30 horas; despois adestrará en Vista Alegre ElPozo Murcia.



Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 2. Sergio Cora, 5. Iago Míguez, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 20. Miñano, 27. Renato, 30 Hélder



Convocatoria ElPozo Murcia FS: 1-Fede (porteiro), 5-Elías, 8-Andresito, 9-Bebe, 10-Álex, 12-Fabio (porteiro), 14-Fernando, 17-Raúl Campos, 18-Pito, 21-Marinovic, 26-Matteus, 28-Iván (filial)




Axenda de xaneiro



Sábado 7. Primeira LNFS: Pescados Rubén-ElPozo (Día do Club) 17.00 horas



Martes 10. Primeira LNFS: Levante-Pescados Rubén. 21.00 horas



Venres 13. Primeira LNFS: Palma Futsal-Pescados Rubén. 20.30 horas



Martes 17. Copa do Rei (semifinal de ida): Pescados Rubén-Magna Gurpea 21.00 horas



Venres 20. Primeira LNFS. Movistar Inter FS-Pescados Rubén (Día do Club) 21.00 horas



Martes 24. Copa Galicia: Cidade de Narón-Pescados Rubén. 19.30 horas

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.