19/12/2016

Vista Alegre baixa o pano de 2016

Vista Alegre baixa o pano de 2016

Vista Alegre baixará mañá o pano de 2016 coa visita de Aspil Vidal Ribera Navarra (21.00 horas), na 12ª xornada de Primeira División, que contará coa presenza do seleccionador nacional, José Venancio López Hierro.



Desde a novena praza, con 15 puntos, os pupilos de Daniel Ibañes buscarán reafirmar a fortaleza da Bomboneira nunha cita que se prevé moi rifada; veranse as caras co undécimo clasificado (13 puntos), que chega con dúas vitorias consecutivas, fronte a Jumilla (2-5) e Canarias (4-0). Coa despedida de Vista Alegre, os mariñáns completarán o seu cuarto compromiso en tan só 11 días perseguindo o cuarto triunfo na casa para pechar o ano ao grande ante a Marea Laranxa.



A última vez que ambas as escuadras se enfrontaron foi en oitavos da Copa do Rei con 2-4 para os galegos.



En principio, Daniel Ibañes poderá contar con todos os seus efectivos, a excepción de Edu; o equipo realiza a súa última sesión esta tarde ás 16.00 horas. O Aspil Ribera Navarra adestrará mañá ás 11.00 en Vista Alegre.




Convocatoria Aspil Vidal Ribera Navarra: 15. Molina / 28. AbdelKarim / 2. David / 3. Hamza / 6. Luisma / 7. Rubi / 8. J. Mínguez / 11. Kostas / 12. Pedro / 14. Lucas / 16. Ferrán Plana




Sorteo de Copa do Rei



O cadro mariñán coñecerá mañá a identidade do seu rival na primeira semifinal da historia laranxa, entre Levante UDDM, Magna Gurpea e ElPozo Murcia. A ida está programada para o 18 de xaneiro e a volta para o 8 de febreiro.




30 de decembro



A 13ª xornada de Primeira División pechará o ano o venres 30 de decembro con desprazamento dos laranxas á pista de Ríos Renovables Zaragoza (20.45 horas).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.