26/11/2016

Derrota burelista por 3-1 en Alacante

Derrota  burelista por 3-1 en Alacante
CRÓNICA. Gustavo Voces ACFSF A Universidade de Alacante comezou dominando o partido ante o Pescados Rubén Burela, nun envite onde as locais poñían en xogo a súa imbatibilidade. Paula Morote e Mónica Castillo poñían as primeiras ocasións a favor da UA pero estrelábanse co bo facer baixo paus de Jozi e dun Pescados Rubén Burela moi centrado en labores defensivos. O conxunto lucense tamén buscaba sorprender ao contragolpe, pero o marcador non se movía ata que, aos 17 minutos de partido, logo dunha boa combinación, Melli poñía o 1 a 0 para as locais, pouco despois dun balón ao pau de Ángela. Non tardaba en reaccionar o Pescados Rubén Burela que a pouco máis dun minuto do descanso igualaba o choque cunha falta directa anotada por Cilene. A UA proseguiu arriscando no tramo final do período pero sen acerto na finalización. Xa na segunda parte, as universitarias seguían mantendo a iniciativa no partido, ante un Pescados Rubén que intentaba equilibrar o xogo aumentando a intensidade na súa presión en tres cuartos de cancha. A cinco minutos da conclusión, Sara de potente disparo á saída dunha falta poñía o 2 a 1 para as universitarias que obrigaban ao Burela a optar polo xogo de cinco no tramo final do choque. Baixo esta premisa táctica chegaría a sentenza en forma de gol de Sara Navalón desde cancha propia, tras roubo de balón, para facer o 3 a 1 a porta baleira e outorgarlle os tres puntos ás levantinas. Universidade de Alacante: Jennifer; Lara, Melli, Pao e Ángela (quinteto inicial). Tamén xogaron, Mónica, Sara, Morote, Anita, Elena e Anna Riera. Pescados Rubén Burela: Jozi; Dany, Bea Mateos, Cilene e Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron, Silvia, Betim, Lara, Elvira. Goles: 1-0, min.17, Melli; 1-1, min.19 Cilene; 2-1, min. 35 Sara; 3-1, min. 39 Sara Navalón. Pabellón Universidade de Alacante. 350 espectadores. Árbitros: Jesús Martínez e David Sansano do colexio valenciano. Amosaron cartón amarelo Paula Morote na UA.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.